Marzo foi un mes intenso !
Comezamos o día 4 como cada primeiro venres de mes co #argoencontro #afterwork, desta vez no Espazo Expositivo O Forno, aproveitando a inauguración da exposición do traballo fotográfico dos coruñeses Susy Suárez e Xavier Quintana.

Argoencontro
O día 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, as argonautas decidimos facer unha publicación coa que seguir reivindicando a igualdade. Así de ben nos retratou a fotógrafa Alba Sotelo !

argo_navis_marzo_muller
E o domingo 13 saimos de #argoandaina ! Xestionamos as prescricións e formamos un grupo de 24 persoas. O certo foi que tivemos un día excepcional para visitar e coñecer o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor. As fotos de Xabicas así o reflicten !

 


E para pechar programación deste mes temático, o venres 18 organizamos a ‪#‎argocharla‬ conmemorativa do ‪#‎8demarzo‬ “Reinvindicación das Mulleres: Pasado e Futuro”.  Para isto tivemos a sorte de contar con Tareixa Otero, profesora de historia e activista feminista, representante da Marcha Mundial das Mulleres en diversos encontros internacionais.  Con ela e a través dun interesante coloquio, reflexionamos sobre a historia e as alternativas de futuro para construír un mundo xusto e igualitario.

Deixámosvos cunhas imaxes !

 

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2019 Asociación Argo Navis rede laboral

Log in with your credentials

Forgot your details?