A xornada do 20 de xuño participamos nas actividades da Semana Cultural do C.P.R. Virxe Milagrosa de Bueu. Argo Navis organizou un conxunto de actividades creativas dunha hora de duración a realizar con grupos rotativos de Educación Secundaria ao longo dunha mañá. Así, puidemos contar con tres actividades: “Novos Medios de Comunicación”, “Onde Nacen as Cancións” e “MotivARTE”.

A primeira delas, “Novos Medios de Comunicación”, foi levada a cabo polas argonautas Bea Camiña (comunicadora cultural) e Alba Sotelo (fotógrafa e videógrafa) co galo de achegar á mocidade unha nova maneira de entender a comunicación adaptada aos temos que corren. Centráronse en falar da intromisión das redes sociais nos medios de comunicación: Twitter, Facebook, Instagram, Snapchat, Bloggers, Youtubers… Que é a comunicación? Como podemos utilizar as redes para difundir os nosos proxectos? Son só unha forma de ocio ou poden ir máis alá? Trataron o tema da creatividade on-line e de como crear unha marca persoal que favoreza as relacións laborais no futuro.

En “Onde Nacen as Cancións”, con Marcos Rivera (profesor de música), puideron exporar cales son os elementos que participan na composición: compás, tempo, harmonía, estrutura, etcétera! E é que, aínda que non o pareza, a maior parte das cancións que coñecemos seguen a mesma receita no momento en que se cociñan. Que é a harmonía e como funciona? Acordes maiores e menores, as funcións tonais, análise de cancións que todos coñecemos, un pouco de ritmo e… Fagamos unha canción!

“MotivARTE” correu a cargo da argonauta Bibi Camaño, psicóloga e formadora en Alicee. Co obxectivo de descubrir como a actitude e motivación ante as novas tarefas e o traballo en equipo pode dar resultados inesperados. De forma dinámica, lúdica e participativa procurouse a implicación de todo o alumnado na creación conxunta, xa que “ningún de nós é tan bo como todos nós xuntos”.

Na imaxe podedes ver o resultado final, semella que non estivo nada mal! 😉

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2019 Asociación Argo Navis rede laboral

Log in with your credentials

Forgot your details?