
QUE É ARGO NAVIS?
Argo Navis é unha rede creativa e dinámica de crecemento profesional. Está formada por persoas traballadoras autónomas e pemes, que colaboran dun xeito proactivo e comparten unha filosofía e valores comúns. Argo Navis é unha rede con identidade cultural que busca converterse nunha antena colectiva de captación de ideas que promovan e activen o desenvolvemento local, social, económico e cultural.
Ti tamén podes ser rede Argo Navis!
Coñece o espazo
Argo Navis busca ser una iniciativa referente en Galicia de creación de valor diferencial a través do traballo colaborativo, que xere confianza e que aporte valor engadido mediante a xeración de capital social e o fomento de iniciativas innovadoras.
A súa sede quere axustarse a estes requirimentos: ser un espazo flexible que se adapte a diferentes necesidades: lugar de traballo, talleres, charlas, actividades, etc. Un lugar cunha visibilidade estratéxica na vila Bueu, que mira ao mar fronte a praia de Pescadoira. Un espazo agradable e con moita luz natural, que transmite enerxía positiva e ganas de traballar dun xeito diferente.
Como podemos axudarche?
Estas son algunhas das cousas das que todo argonauta pode dispoñer !
Queres estar enterad@ de todo?
Suscríbete a nosa newsletter
Novas
Consulta as últimas novas, a axenda argonáutica e toda a información que precises sobre as actividades que teñen lugar en Argo Navis nesta sección. Queremos seguir ampliando o noso caderno de bitácora, contamos contigo para o relato desta singradura? ^^
Os nosos colaboradores
Asesoría Interpyme