O xoves 28 de abril participaremos nas Networking Talks organizadas por Afterwork Pontevedra en El Pequeño Karma para dar a coñecer Argo Navis e compartir experiencias!

argo_navis_abril_afterwork

A través dun formato de presentacións rápidas (20 díapositivas / 20 segundos), compartimos cartel con outras interesantes iniciativas e proxectos innovadores! Así, tivemos a oportunidade de coñecer os chourizos de calabaza 100% vexetal de Calabizo, o estupendo traballo do deseñador gráfico Miguel Anónimo, o proxecto Hefesto, a marca de arte e deseño Black Whale Porject e o estudio de arquitectura uña+amandi. No noso caso, Elisa e María encargáronse de presentar Argo Navis:

Todo isto amenizado coa música de Isaac Peces e cos xeniais pinchos da tenda de consumo responsábel buenense A Despensa Na Terra, todo un luxo!

Fotografías de Jesus Antón:

2 Comments
  1. miguel parada 3 anos ago

    Pois xa estamos preparando a próxima. 25/10/2016 estades convidadas. 🙂

    • María Novas 3 anos ago

      Fantástico Miguel! Apertas dende Bueuu 😉

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2020 Asociación Argo Navis rede laboral

Log in with your credentials

Forgot your details?