A delegación argonáutica trasladouse a Barcelona! ‎O motivo? Estar presentes na Coworking Spain Conference‬ 2016 celebrada o 20 e 21 de maio na cidade condal baixo o lema “Los Entornos Colaborativos”. As argonautas Elisa Díaz e María Novas foron as encargadas de desprazarse dende Bueu para asistir a esta quinta edición celebrada no espazo barcelonés CREC.

Alí, puideron coñecer e compartir experiencias co resto da “delegación” galega! O espazo de traballo compartido de Pontevedra Arroelo, o compostelán Doutro Xeito Coworking e Magma Espacio da cidade de Ourense, son sen dúbida, referentes de boa xestión e exemplos a seguir da industria do coworking en Galicia 🙂 🙂

Graciñas á organización por eses días cheos de grandes momentos! Vémonos pronto! #‎dendePescadoiraParaOMundo #CwSCc

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2020 Asociación Argo Navis rede laboral

Log in with your credentials

Forgot your details?