Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, contamos para esta argocharla especial coa fotógrafa Mónica Feirreirós, quen introduciu o seu traballo da man de Alba Sotelo. En conxunto, analizamos e debatemos sobre o papel da muller nos medios de comunicación, problemáticas como a conciliación laboral, a educación ou a violencia machista no ámbito cotiá/global, mentres exploramos cal é o cámiño para crear un mundo máis xusto.

MÓNICA FERREIRÓS

Mónica adquiriu o gusto pola fotografía cando era nena, cando atopou unha vella cámara Yashica que había na casa. Despois viñeron os estudos de Fotografía Artística na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. É unha fotógrafa centrada no ámbito documental e xornalístico, galardoada en 2014 no certame de fotoxornalismo “Estaçao Imagem Mora”, que busca retratar a realidade tal e como é. Dende os seus comezos no ano 1997, dedicouse case exclusivamente ao fotoxornalismo no puramente profesional. No tocante ao persoal, ten realizado traballos documentais e etnográficos, entre outros. O seu obxectivo é poder seguir vivindo dunha profesión que a apaixoa e sobre todo continuar co proxecto educativo no que está centrada: A Fotoescola.

 

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2019 Asociación Argo Navis rede laboral

Log in with your credentials

Forgot your details?