¿Existe conciencia social sobre o oficio da creación? Estamos acostumados a que cada 15 días haxa prendas novas nas tendas, ¿sabemos onde, como e quen participou no proceso? ¿Coñecemos o impacto da moda de usar e tirar sobre o planeta e as persoas?

Hai outras maneiras de facer e de consumir. Dende o deseño podemos cambia-las cousas escollendo tecidos sustentables ou reciclando e respectando os dereitos humanos e laborais en toda a cadea de valor. A moda é cultura, sinal de identidade Escollemos a nosa roupa dende o noso ser ou seguindo criterios externos [tendencias, ilusión de estatus, convencións profesionais, sociais, prezo… ¿Consumimos ou Mercamos?

O pasado venres 17 xuño tivemos a oportunidade de reflexionar sobre estes temas e algún maís con Francisco e Patricia Soto Gil de La Canalla, Taller integral de creación téxtil. Así transcorreu a xornada, graciñas equipo por compartir con tanto cariño a vosa experiencia! ^^

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

©2021 Asociación Argo Navis rede laboral

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

Log in with your credentials

Forgot your details?