A voz representa o soporte acústico da comunicación oral, consistente na emisión dun son que despois se articula en palabras e é proxectado ao exterior. Ben é certo que todos dispoñemos dunha voz, a maioría de nós temos a capacidade intrínseca de falar e ata de cantar pero, sabemos como funciona o mecanismo que a produce?, sabemos utilizala correctamente ou coñecemos as ferramentas necesarias para potenciala?, coñecemos as súas características, os seus límites ou a súa versatilidade? O venres 27 maio, co vocal coach e terapeuta vocal Pablo García Ferradás,  tratamos de dar resposta todas estas cuestións dende unha perspectiva global, para coñecer e entender algo tan cotiá e á vez tan descoñecido para nos como é a voz.

argo_navis_maio_argocharla_voz_06

Deixámosvos unhas imaxes da ‪#‎Argocharla, Moitísimas grazas Pablo polos teus prácticos consellos! Agardamos verte de novo por Argo Navis! 😉

 

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

©2021 Asociación Argo Navis rede laboral

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

Log in with your credentials

Forgot your details?