Ola! O meu nome é Juan Barcia
E son deseñador gráfico e web. Formeime como técnico superior en artes gráficas e gañei experiencia traballando en imprenta. Esta singular bagaxe permitiume, na miña posterior reconversión a deseñador gráfico, director creativo e, finalmente, freelance, controlar todos os parámetros que fan que ambiciosos proxectos cheguen a bo porto no menor tempo posible.
Gústame cuestionar as cousas e atopar novas formas de facelas, contrastar e mesturar ideas dende puntos de vista interesantes e aplicar os meus coñecementos de maneira creativa. En realidade non teño ningún talento especial, simplemente son apaixonadamente curioso.
#EuSonTheSpecialJuan
-
Deseño gráfico
-
Imaxe corporativa
-
Deseño editorial
-
Deseño web
Podes contactar conmigo mediante os seguintes métodos:
Nas miñas redes sociais:
Ou tamén me podes atopar na miña mesa de Argo Navis en horario:
De luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 17:00
Tel. sede Argo Navis: 886 125 816