Eu son Luís Framil
Carpinteiro dende fai máis de 25 anos. Sempre pensei que darlle forma á madeira, cepillala, pulila e suavizar os seus nós era algo máis que un oficio.
Traballo tanto a carpintería interior como á carpintería exterior. O meu taller ofrece o proceso completo: deseño, fabricación, instalación, restauración, reparación, mantemento, acabados e todo tipo de ferraxes.
Para min o oficio da carpintería tradicional é ofrecer un alto nivel de personalización para cada traballo, fabricando pezas únicas co método construtivo que mellor se adapta, dende a funcionalidade e a eficiencia, coidando cada detalle.
#AMadeiraÉUnEstilodevida
-
Carpintería
-
Ebanistería
-
Restauración de mobles
-
Cubertas de madeira
Podes contactar conmigo mediante os seguintes métodos:
Nas miñas redes sociais:
Ou podes preguntar por min en Argo Navis en horario:
De luns a venres de 9:30h a 13:30h
Tel. sede Argo Navis: 886 125 816