Eu son Xabicas
Son “fotógrafo militante” dende 1995, nado a cabalo da escola do rebulir cultural e a loita. A experiencia, perfeccionada con numerosos cursos de fotografía, forma a miña bagaxe como fotoxornalista especializado en temática social, na arte do teatro ou mesmo da música.
De xeito paralelo destaca a miña inquedanza cultural, que me leva a contactar con distintos colectivos e a involucrarme na organización de moitos dos festivais que se argallan na comarca morracense.
Na actualidade continúo co labor de fotógrafo oficial da sala Aturuxo e da web GZMusica, entre outros…
#TodoPolaCultura #EuSonRedeArgoNavis
-
Fotografía
-
Foto reportaxe
-
Eventos
-
Temática social
Podes contactar conmigo mediante os seguintes métodos:
Nas miñas redes sociais:
Ou tamén me podes atopar na miña mesa de Argo Navis en horario:
De luns a venres de 19:00 a 21:00
Tel. sede Argo Navis: 886 125 816