Comezamos a programar actividades! Marzo chegou cargadiño de cousas. Ademais de inaugurar os talleres semanas: “Ilímites da Banda Deseñada”, “La Chistera”, “Rock & Go!”  e “Os Talleres de Ana Pezz”, organizamos o primeiro Argoencontro e a primeira Argocharla !

poster_programacion_marzo

Os Argoencontros son quedadas informais nas que coñecerse e compartir ideas, decidimos programalas o primeiro venres de cada mes, como digno estreo da axenda mensual. Nesta ocasión, xuntámonos en O Souto Gastrobar.


Para iniciar as Argocharlas, puidemos contar co doutor en Ciencias Económicas e Empresariais José Cabanelas Omil. Dentro do ciclo denominado “A transformación necesaria” reflexionamos sobre mundo social no que vivimos e o xeito que temos de pensar, organizarnos e traballar. Esta vez organizámolo na Sala Amalia. Deixámosvos con algunhas fotos do evento!

1503_argocharla_pepe_02

1503_argocharla_pepe_01

©2021 Asociación Argo Navis rede laboral

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

Log in with your credentials

Forgot your details?