Curso de Xestión Cultural da Idea ao Evento
Do pasado 11 ao 18 de febreiro tivo lugar en Argo Navis o curso de Xestión Cultural da Idea ao Evento. A xestión cultural como concepto mudou radicalmente nos últimos anos, por causas socioeconómicas evidentes, cara un traballo máis horizontal de contacto coa comunidade, participación e labor sociocultural. Neste curso aprenderemos as claves para a organización de accións culturais dentro destas novas coordenadas profesionais.
O curso foi impartido por Diego Vázquez Meizoso, e foi todo un éxito en asistencia! Diego é xestor cultural, amplamente especializado (posgrao en xestión do mercado cultural e do ocio (UNED), posgrao en animación sociocultural, ocio e tempo libre (UNED), posgrao en sectores e industrias culturais (UOC), máster en xestión cultural, orientación profesional (UOC-UdG), etc). Traballou, entre outros, en diversos festivais internacionais coma o Mundo Celta de Ortigueira, na Rede Municipal de Centros Socioculturais e ten coordinado múltiples e recoñecidos programas culturais. Como docente-facilitador imparte obradoiros e monográficos sobre xestión cultural, análise fílmica, teatro e desenvolvemento persoal ou traballo sobre a memoria a través do audiovisual en, entre outros, diversas asociacións, Concello de Santiago ou Escola Unitaria.