Comezamos! E que mellor que con un #argomagosto?? Transformamos o Argoencontro, no bar A Batea, coa escusa de comer castañas asadas ! Mmmm
Días despois puidemos contar con outro interesante taller de David Tristán, argonauta e coach certificado e traballador de banca, sobre fitness financeiro. En “Os piares da saúde financeira” reflexionamos sobre a nosa actitude ante os cartos, a xestión de ingresos e gastos, e cales son os piares dunha saúde financeira sostible.
A Argocharla do mes, “Mobilidade Sostible” , foi ben interesante ! Da man de Esteban López Figueroa, coordinador do grupo Enxeñería e Deseño da Universidade de Vigo, analizamos os conceptos fundamentais que afectan á sostibilidade no transporte, facendo especial fincapé na mobilidade das contornas periurbanas como o Morrazo.
E isto non foi todo… O día 11, xunto co Concello de Bueu organizamos o Maratón fotográfico San Martiño de Bueu, pero sobre isto falamos noutro post! Que é moi longo de contar! 🙂