A #EcoPercussión chegou para quedarse! O pasado sábado comezaron as clases con Didier Díaz Madan, instrumentista de percusión e práctica de conxunto graduado pola Escola Profesional de Música José White de Camagüey (Cuba). Unha modalidade alternativa de percusión para nenos e nenas entre 7 e 12 onde tamén se traballa a conciencia sobre o medio ambiente, reciclando todo tipo de obxectos como novos instrumentos percutivos. Aínda estas a tempo de inscribirte!

Obradoiro para achegar a nenos e nenas entre 7 e 12 anos a familia dos instrumentos de percusión, empregando diferentes disciplinas: percusión vocal e percusión corporal e percusión ecolóxica, unha modalidade da percusión alternativa onde se traballa a conciencia sobre o medio ambiente, reciclando todo tipo de obxectos como novos instrumentos percutivos. Aprende patróns rítimicos grupais e recursos de improvisacón con instrumetos como: caixón flamenco, güiro, claves, maracas, tubos boomwhackers, xilófonos… ademáis de djemé, congas, bongó e batería. Unha actividade integral relacionada co traballo manual e a música, en Argo Navis, non o perdas!

 

 

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

©2020 Asociación Argo Navis rede laboral

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

Log in with your credentials

Forgot your details?