En outubro tivemos boas novas en Bueu… arranca o Cineclube! E como non podía ser menos, organizamos unha presentación en Argo Navis! Nunha xornada participativa, coñecemos de primeira man o Cineclub, fixemos unha tormenta de películas e aproveitamos para inscribirnos. Este foi o balance publicado na súa web ! As fotos son da argonauta Alba Sotelo Leal 😉


E de novo, celebramos o Argoencontro, as nosas quedadas informais nas que coñecerse e compartir ideas. Esta vez coa temática #Autónom@, nácese ou se fai? atopámonos no Bar Planta Baja. Es autónomo por vocación ou por obriga? O debate foi intenso e compartimos moitas experiencias!
CARTEL PROGRAMACIÓN
E para pechar o mes, como cada derradeiro venres de mes, pensamos nunha Argocharla un tanto orixinal. Daniel Calviño López, enfermeiro experto en urxencias extrahospitalarias no 061, ofreceunos una descrición teórica de resolución de situacións críticas con compromiso vital en nen@s e adultos, con realización das técnicas en bonecos e con obradoiro práctico para as persoas asistentes ! Este foi o resumo en imaxes ! ^^
1510_argocharla_outubro_01 1510_argocharla_outubro_02

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

©2021 Asociación Argo Navis rede laboral

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

Log in with your credentials

Forgot your details?