O mes de maio chegou cargado de novidades a Argo Navis!

Ademais dos talleres semanais, organizamos o novo Argoencontro na vinoteca A Cepa  e a Argocharla correu a cargo de José Cabanelas, foi  a segunda do ciclo de relatorios “A Transformación Necesaria”.

1505_argoencontro_a_cepa_01b 1505_argoencontro_a_cepa_02b

poster_argocharla_pepe2

Con Pepe, Doutor en Ciencias Económicas e Empresarias e Catedrático de Organización de Empresas na Universidade de Vigo, reflexionamos sobre como liberar o potencial. Nunha primeira parte, exploramos a nova realidade social e laboral, para pasar a discutir estratexias de liberación do talento colectivo potencial, algo que dende a rede nos interesa moito!  Así transcorreu a xornada:

1505_argocharla_maio_01 1505_argocharla_maio_02

Por outra banda, estreamos dous talleres. O primeiro foi o taller de habilidades sociais “A arte de tratar coa xente” levado a cabo por David Tristán, argonauta e coach certificado. O segundo, foi  o taller de alimentación equilibrada “Como como?” a cargo de Débora Pérez Villanueva, nutricionista coa que aprendimos a base dos hábitos alimenticios. Non comas menos, come mellor!

 

A3-COMO-COMO

11289436_1034855423192836_1543034458179480470_o

©2021 Asociación Argo Navis rede laboral

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

Log in with your credentials

Forgot your details?