Despois do parón estival do mes de agosto, volta á rutina! E que mellor que volver ao traballo cun Argoncontro no Bar Noite: #Estamos de volta!

E coa volta ao cole que mellor que falar sobre educación? En setembro contamos cun workshop moi especial sobre educación alternativa, levado a cabo polos mestres internacionais Montessori Patrick e Raquel Barreiro. As fotografías son xentileza de Adrián Mandado:


A argonauta Alba Sotelo tamén colaborou rexistrando todo coa súa cámara e elaborando este xenial vídeo resumo. Así de ben o pasamos!

Despois da Argocharla de xullo de Gaspar Bernárdez Villegas sobre o Xardín Botánico do Lago de Castiñeiras, quedamos con ganas de facer unha visita ao lugar! Xentilmente, Gaspar ofreceunos unha visita guiada, que foi todo un éxito! Con el aprendemos moitísimo sobre o privilexiado medio natural e a historia do Lago. Gracias Gaspar por esta #argoandaina!


E para poñer o broche final ao mes de setembro, como cada último venres de cada mes, tivemos Argocharla no local !
No marco da exposición “As veas (continúan) abertas. Miradas de Bueu a Latinoamerica” instalada na Sala Amalia Domínguez Búa, Carmen Novas, xornalista e técnica de Agareso (Asociación Galega de Reporteir@ Solidari@s) e Alba Sotelo Leal, cámara e fotógrafa, presentaron en Argo Navis o documental “Comunicando Comunidades”, facendo fincapé nos valores da organización comunitaria á hora de encarar importantes problemáticas sociais en países como El Salvador.

IMG-20150925-WA0013

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

©2021 Asociación Argo Navis rede laboral

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

Log in with your credentials

Forgot your details?