II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu from Argo Navis on Vimeo.
Chegou o San Martiño! E con el… #FotosAoCamiño!
O venres 11 de novembro comezamos forte co percorrido fotográfico categoría infantil/xuvenil de 17:00 a 19:00h. @s máis pequenos puideron gozar dunha xornada divertida na que aprender a iniciarse cos trebellos fotográficos!
O sábado 12 de novembro, de 10:00 a 13:00h, sería a quenda do percorrido fotográfico categoría adulta. Con éxito de existencia, a xornada comezou ás 10:00 cunha pequena introdución en Argo Navis para, despois dunha intensa mañá, finalizar ás 13:00h no vermú/networking organizado no Noite Tapas!
Despois de reservar o domingo 13 de novembro para fotografía libre, o luns 14 ás 24:00h rematou o prazo de inscrición online! Todo listo para a deliberación final! O xurado non o tivo nada sinxelo… Ademais dunha persoa representante do Concello de Bueu e unha de Argo Navis, nesta edición contamos con Raquel Calviño, profesional da fotografía convidada. Así produciuse o faio final e o venres 18 de novembro festexamos a entrega de premios ás fotografías gañadoras e a inauguración da exposición! O II Maratón Fotográfico de #SanMartiñodeBueu chegaba ao seu fin… e ás 20:30h no segundo andar da Praza de Abastos e o concerto posterior ás 21:00h a cargo do grupo de rap galego EZETAERRE!
CATEGORÍA ADULTA
1º PREMIO Luis Peiteado Asorey
2º PREMIO Tania Martínez
3º PREMIO Esteban Piedras Abal

CATEGORÍA INFANTIL/XUVENIL
1º PREMIO_Celia Lorenzo Manteiga
2º PREMIO Iago Pastoriza Gallego

3º PREMIO Julio Pastoriza Gallego

Finalmente, dende Argo Navis queremos dar as gracias de maneira especial ás entidades colaboradoras! A desPensa na Terra, Librería Miranda Bueu, Asociación Juan XXIII e NOITE, tapas e petiscos! así como ao Concello de Bueu por facelo posible! Noite Tapas / Non perdades ollo dos agasallos que prepararon! ? ? #VosSodesRedeArgoNavis #MesDoSanMartiño