A programación de xullo continuo co intenso #argosummer que pasamos!  Comezamos, como cada primeiro venres de mes, cun novo Argoencontro temático #Eu de maior quero ser… ao aire libre, na praia da Banda do Río no Chiringo de Devo !

Tamén colaboramos con Pinga Teatro na organización no Centro Social do Mar do espectáculo teatral Laretadas, monólogo co o que o actor Josito Porto, SELECCIONADO MELLOR ACTOR NOS PREMIOS María Casares 2014, visitou Bueu o 9 de xuño.
LARETADAS-formato-web
Do mesmo xeito, estivemos encantad@ de organizar xunto coa Asocación Xoan XXIII e o Concello de Bueu o festival de actividades infantís inclusivas DiversiÓn. Unha mañá chea de actividades na praza Massó: gincana de xogos, taller de marcapáxinas, coreogradías chachachá e contacontos da man de Pinga Teatro. DiversiÓn asegurada !

DiversiON

1507_diversion_012015-07-28 12.08.27

Como peche, para a Argocharlla de xullo, puidemos contar co enxeñeiro forestal e do medio natural J. Gaspar Bernárdez Villegas. Con el, coñecemos o imprescindible proxecto de Xardín Botánico do Lago de Castiñeiras, e toda a riqueza que alberga este entorno privilexiado.
ATU_9300-1ATU_9295-1

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

©2021 Asociación Argo Navis rede laboral

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

Log in with your credentials

Forgot your details?